Gran resultado do equipo Yacar Racing no Campionato de Galicia de Autocross disputado no circuíto de Carballo

1 minutes read

O equipo Yacar Racing culminaba un gran resultado na quinta proba da tempada do Campionato de Galicia de Autocross disputada no circuíto municipal de Carballo (A Coruña) o pasado sábado 12 de setembro, pois situaba a catro Yacarcross nas catro primeiras posicións da categoría Car Cross Júnior, na cal o piloto luso João Traila, co Yacarcross SXC, conseguía a súa cuarta vitoria da tempada tras superar na final a Mateo Villar, tamén con Yacarcross SXC, e que inicialmente liderou a carreira nos primeiros compases. O podio completábao Arón Cid, quen se recuperaba dun envorco na primeira manga clasificatoria, pero que non deixaba danos mecánicos no Yacarcross SXC. O éxito de Yacar complementábase coa cuarta praza de Pablo Molinos (Yacarcross SXC) mentres Manuel Mariño, piloto bolseiro pola FGA, concluía sétimo.
En Car Cross o mellor dos Yacarcross era Esteban Trigo, que finalizaba cuarto a pouco máis de dúas décimas de segundo do terceiro lugar mentres Rubén Doldán se situaba en oitavo lugar con Francisco Javier Torres décimo e Darío Calviño duodécimo, todos estes con Yacarcross SXC