O ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, destacou a necesidade de reforzar a cooperación policial internacional para combater ao crime organizado. «A resposta individual é limitada. A experiencia ensínanos que co apoio e a colaboración internacional somos máis eficaces, tanto na prevención como na persecución e represión dos criminais», sinalou durante a inauguración do encontro organizado por Ameripol en Santiago de Compostela.
Ameripol, un organismo de cooperación policial para o continente americano, organizou un encontro na capital galega co obxectivo de sentar as bases do tratado fundacional desta organización, auspiciada desde 2011 por España e apoiada pola Unión Europea, e que pretende desempeñar en América un papel equivalente ao de Europol no continente europeo.