Gratuidade no transporte público aos menores de 21 anos de toda Galicia

1 minutes read

Trátase dunha expansión que xa está efectiva desde este venres e que permitirá utilizar en toda Galicia este dispositivo que ata agora só podía empregarse nas áreas de transporte metropolitano constituídas (áreas de transporte metropolitano da Coruña, de Santiago, de Ferrol, de Lugo e de Vigo), na provincia de Ourense e en 13 concellos da área de Pontevedra.

Neste sentido, todos os galegos menores de 21 anos poderán viaxar de balde no autobús da Xunta, desde calquera dos 313 concellos de Galicia a calquera outro, ademais de no barco, no caso da ría de Vigo, e no ferrocarril de vía estreita na área de Ferrol.

Esta tarxeta pode adquirirse en calquera das 213 oficinas de Abanca habilitadas nas catro provincias. Para empezar a empregala cómpre cargar a tarxeta cun saldo inicial co que se abonarán as viaxes e, posteriormente, será reintegrado no dispositivo.

Na páxina web www.bus.gal pode ampliarse a información relativa a este dispositivo e as vantaxes que leva asociadas, así como o listado de todas as sucursais habilitadas para a súa expedición e os servizos de transporte existentes en cada concello, cos correspondentes horarios e rutas.