Grave incendio nunha nave do polígono industrial de Catro Ventos, en Santa Comba

Incendio en Catro Ventos, Santa Comba_Facebook Santa Comba Info+

  • O lume comezou minutos antes das once da mañá e a nave, pertencente á empresa Ingaroil, ardeu por completo

Mal inicio de semana para a empresa Ingaroil tras sufrir un grave incendio na súa nave situada no polígono industrial de Catro Ventos, en Santa Comba. O lume produciuse minutos antes das once da mañá deste luns e foron varios particulares os que alertaron ao 112 Galicia. De inmediato se mobilizaron aos bombeiros da localidade así como de Cee e Carballo. Tamén se desprazaron ata o lugar o Grupo de Apoio Loxístico (GALI) da Axencia Galega de Emerxencias para prestar apoio cunha cisterna de 25.000 litros de auga e un dron para captar posibles novos focos.

No operativo tamén participaron efectivos de Protección Civil e Policía Local de Santa Comba, así como axentes da Garda Civil e do Seprona ademais de membros do GES de Brión.

Segundo sinalan desde o 112 Galicia, a nave de Ingaroil -empresa que se adica á reciclaxe de aceite usado- ardeu por completo e un dos seus traballadores tivo que ser atendido polos seus compañeros ao sufrir un forte golpe no nocello mentres fuxían das instalacións. Finalmente foi trasladado en ambulancia a un centro hospitalario de Santiago de Compostela.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha