Grecia entra no programa espacial Artemisa para establecer unha base na Lúa

  • En particular, o programa «Artemis», que deu nome aos acordos, é un programa para establecer unha presenza permanente na lúa. Trátase dunha misión liderada por Estados Unidos e baseada principalmente en hardware estadounidense.

Atenas súmase á lista de países que participan no acordo de cooperación internacional do Programa Lunar Artemisa. Espérase unha nova aluaxe en 2026.

O ministro grego de Asuntos Exteriores, Giorgos Gerapetritis, asinou en Washington os «Acordos Artemisa», un acordo internacional sobre as regras xerais da exploración espacial e a preparación para o regreso dos humanos á Lúa.

Dentro do proxecto xa hai 34 países colaborando, Grecia, chega, por tanto como o trixésimo quinto país en asinar o acordo desde a súa presentación en 2020.

En palabras de Gerapetritis: «Os acordos baséanse na responsabilidade colectiva, a prevención de conflitos, a transparencia e a compatibilidade tecnolóxica e outras características que deberían facilitar os proxectos espaciais internacionais presentes e futuros, en primeiro lugar a exploración da Lúa, Marte e outros corpos do sistema solar».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha