Vinte anos despois de que o petroleiro partísese en dous fronte a Galicia, o voluntariado da organización volveu a Muxía cunha mensaxe clara: “non esquecemos”. Por este motivo, máis dunha vintena de voluntarios e voluntarias de Greenpeace, regresaron ao lugar coa intención de homenaxear ás decenas de miles de persoas que, procedentes de moitos lugares do Estado español e do mundo, se desprazaron a Galicia aqueles meses para axudar a mitigar o maior desastre ambiental da nosa historia. Ao redor de 70.000 persoas voluntarias pasaron por Muxía nos meses posteriores á catástrofe, un exemplo conmovedor do poder da sociedade civil. Greenpeace lembra que aínda hoxe segue existindo risco de que se produza outro Prestige, pois millóns de toneladas de petróleo pasan fronte á Costa da Morte cada ano.
21