Grupo Común de Esquerda, novo nome de En Marea no Parlamento

En Marea presentouse este martes no Parlamento de Galicia cun novo nome e cunha nova estrutura. Fano despois de que Luís Villares e outros 3 deputados marcharan ao Grupo Mixto. Os 10 parlamentarios que quedaron chámanse desde agora Grupo Común de Esquerda, un nome que consensuaron este luns mesmo. Xa non haberá un só voceiro, senón catro. Esperan manter a unidade no que resta de lexislatura e mesmo artellar unha candidatura para as próximas eleccións autonómicas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha