Guardiola afirma agora que o ‘diálogo’ con Vox en Estremadura é ‘imprescindible’

1 minutes read

A presidenta do PP de Estremadura e candidata á presidencia da Junta, María Guardiola, afirmou que o «diálogo» con Vox é «imprescindible» e avogou por un «acordo programático» coa formación de Santiago Abascal nesta comunidade autónoma, na que o diálogo entre ambas as formacións quedara practicamente roto. Guardiola defende o acordo con Vox nunha carta remitida á militancia: «Son moi consciente de que tamén é imprescindible o respecto, o diálogo, e o acordo programático coa formación Vox en Estremadura. Compartimos unha prioridade, pasar páxina ás políticas socialistas. É o que nos debe ocupar». A dirixente ‘popular’ fai estas afirmacións despois de negarse a pasada semana a gobernar con quen «nega a violencia machista».