Guerra contra o lixo mariño en Camariñas

A asociación de veciños de Camelle e a asociación medioambiental Mar de Fábula declaráronlle a guerra ao lixo mariño cunha gran limpeza e recollida dun gran volume de refugallo espallado preto do mar en Camelle. 20 adultos e 10 nenos, durante 2 horas de traballo, apañaron un importante volume de lixo mariño ao longo do coído que acolle o Museo-Xardín de Man. Atoparon residuos de todo tipo, grandes e pequenos, un pallet, unha silla, unha nasa grande, un bidón, unha caixa de porespan, ferros…Unha alta porcentaxe foi lixo plástico miudo e anaquiños de espumas sintéticas agochados á entrada do recinto.

Ao remate da mañá, a sensación dos participantes era de satisfación polo traballo feito de limpeza e conservación neste museo xardín construído ao longo de moitos anos por un home fora do común e que hoxe vaise desfacendo pola acción da intemperie, os embates do mar e o desleixo dos homes. Os veciños de Camelle aproveitaron para facer un chamamento ás administraccións competentes a reconstrucción deste museo-xardín para manter a vixencia dos valores transmitidos polo seu creador, fortaleza espiritual e unión coa natureza, valores máis importantes que nunca nestos tempos de desacougo nos que está a vivir a humanidade.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha