O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou na tarde deste mércores no Parlamento de Galicia, das próximas 3 grandes actuacións que levará a cabo a Xunta no Hospital Universitario de Ourense.
A mediados do presente ano xa comezaron as obras do novo edificio de hospitalización, unha actuación cuxa segunda fase levará aparellada tamén a reforma integral do edificio materno-infantil. A segunda actuación consiste na construción da nova Unidade de Medicina Nuclear, unha obra coa que se conseguirá triplicar o espazo deste servizo. Por outra banda, o último proxecto consiste na reforma da Unidade de Críticos.
En termos globais, as obras do Hospital Universitario de Ourense conseguen os 62 millóns de euros, segundo precisou o conselleiro de Sanidade, á vez que destacou a súa intención de pechar “o deseño deste hospital antes de finalizar esta lexislatura, cos futuros edificios ambulatorio e administrativo”.