Haberá axudas ás vivendas que teñan que adaptar os seus televisores polo apagón TDT SD

1 minutes read

A partir do 14 de febreiro, tal e como marcou o Ministerio de Transformación Dixital e da Función Pública, vaise producir o apagón da tecnoloxía SD (standar dixital) da TDT, é dicir, só poderá verse a televisión en alta definición ou HD.

A maioría da poboación galega unicamente terá que resintonizar os canais de televisión ou no caso de contar cun aparello anterior ao ano 2011 mercar un pequeno adaptador para poder acceder ao novo sinal. 

O problema poderá estar nas vivendas localizadas nas chamadas zonas de sombra ou áreas de exclusión da TDT zona III. Os veciños destas áreas están a recibir o sinal da TDT por satélite e agora deberán mercar un novo dispositivo cun prezo que ronda, de media, os 400€. Trátase dunhas 4.300 vivendas espalladas por 260 concellos. 

A Xunta vai lanzar unha liña de axudas para apoiar a estas vivendas que poderían estar afectadas por estar en zona de sombra e teñen que adaptar os seus televisores tras o apagón da Televisión Dixital Terrestre (TDT) que se vai producir a vindeira semana.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?