Haberá peche perimetral en San Xosé e Semana Santa

Así o anunciou este mércores na conferencia de prensa posterior ao Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde a ministra de Sanidade, Carolina Darias, quen recalcou que o acordo é «de obrigado cumprimento», que un dos seus obxectivos é evitar o turismo nacional aos arquipélagos e que os estranxeiros que cheguen a España estarán sometidos a estas mesmas limitacións, menos Baleares e Canarias. Darias agradeceu o esforzo de todos os conselleiros para chegar a este «acordo de mínimos» -ao que as comunidades poderán engadir máis restricións- que están publicadas no BOE e que abarcan dous períodos: o primeiro entre o 17 e 21 de marzo nas autonomías nas que o día 19 é festivo e do 26 deste mes ata o 9 de abril en todo o territorio. «Só se pode vir a España por razóns de índole esencial, nas que non está o turismo», dixo a ministra Darias. 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha