Haberá un necesario reforzo da vixilancia nas fronteiras

0 minutes read

Galicia continuará pechada perimetralmente tanto na fronteira con Castela e León e Asturias como na fronteira con Portugal. Así, as fronteiras en Galicia permanecerán con peche perimetral. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pediu un incremento dos controis nestas zonas onde se está a ver unha alta incidencia do virus. En concellos como Tomiño ou Tui, onde os veciños fan vida a ambos os dous lados da fronteira e os desprazamentos son constantes, haberá un incremento da vixilancia a partir de agora para controlar a mobilidade estritamente necesaria.