Haberá unha folga de transportistas de tres días, antes do Nadal

O Comité Nacional de Transporte por Estrada explicou que é unha protesta pola grave situación económica que atravesan as empresas transportistas e a falta de respostas «tras anos de negociación». O cesamento de actividade comezará ás 00.00 horas do 20 de decembro e estenderase ata as 23:59 horas do 22 de decembro, isto é, tres días íntegros de mobilización. «Só un cambio radical e urxente por parte de Goberno e clientes podería evitar este conflito», avisaron nun comunicado. A convocatoria de paros prodúcese no medio do atasco mundial de subministracións -polos atrasos e o encarecemento do transporte marítimo tras a pandemia de coronavirus-, e ás portas de Nadal, cando se espera un aumento do consumo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha