Haberá unha mesa de ministerios para dar resposta aos problemas dos autónomos

Cedida.

O Goberno creará unha mesa interministerial para atender e dar resposta aos problemas dos autónomos. É ao que se comprometeu o ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, José Luis Escrivá, no seu último encontro coa Federación Nacional de Asociacións de Traballadores Autómomos (ATA). A reunión, que se produciu de forma telemática, transcorreu nun “ton construtivo” e terminou co compromiso por parte de Escrivá de “trasladar ao Goberno a necesidade de impulsar unha mesa técnica na que participen varios ministerios”. Nela trataríanse e abordaríanse os principais problemas que teñen os autónomos, pero non só en materia de Seguridade Social, senón en todos os ámbitos.

A través deste diálogo social «pódense frutificar medidas coherentes, contundentes e que axuden ao colectivo de autónomos en xeral”, asegurou Lorenzo Amor, presidente de ATA. Na mesa “trataranse todos os temas que afecten o colectivo en materia de Seguridade Social, pero tamén en Laboral, Economía ou Facenda» detallou Amor. Trátase dunha iniciativa de gran calado e que permitiría ao Executivo desenvolver medidas que solucionen de forma directa os problemas do colectivo. Desde a Federación fixeron fincapé na importancia da reunión mantida e “deste diálogo social” continuo e fluído entre Ministerio e Federación. Aseguran que só a través del poderanse poñer en marcha verdadeiras medidas para un colectivo que conforma gran parte do tecido produtivo do país.

Na reunión mantida á primeira hora deste xoves, Amor aproveitou para trasladarlle a Escrivá as “principais inquietudes dos autónomos”. Estas seguen sendo desde a cobranza da próxima cota de autónomos, ata dúbidas no proceso de desescalada, pasando polos problemas xerados no acceso aos préstamos do ICO (Instituto de Crédito Oficial).

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha