Habilitada unha web para informar sobre as eleccións ao Parlamento de Galicia do 5A

1 minutes read

Na web (http://eleccionsgalicia2020.gal) inclúese información relacionada con temas fundamentais, como o voto por correo para os residentes en España ou temporalmente no estranxeiro, e para as persoas que figuran no CERA. Nestes apartados, ademais da explicación do procedemento, poderanse descargar tamén os formularios correspondentes.

A información da páxina web tamén cobre outros aspectos útiles para a cidadanía, como os trámites co censo, os impresos electorais (para votantes, concellos ou mesas electorais) e a consulta dos colexios e mesas electorais.

Tamén están dispoñibles documentos relacionados coa lexislación vixente, estatal e autonómica; o calendario electoral coas datas sinaladas; e información de utilidade para as persoas que integren ás mesas electorais.

Para maior utilidade e comodidade, a páxina incorpora un apartado de preguntas frecuentes e un chat para consultar calquera dúbida. Tamén está dispoñible o teléfono do elector, no número 900 825 520.

Cómpre ter en conta que a web irase completando, paulatinamente e de acordo cos tempos electorais, cos novos documentos que correspondan.