- Continúa aberto o prazo de solicitude para a campaña de reparto de composteiros para a zona rural
O Concello de Carballo acaba de acondicionar xunto ao punto limpo, no polígono industrial de Bértoa, un punto de acopio de material estruturante ao que poden acudir, libremente, as persoas usuarias do programa municipal de compostaxe doméstica. Con esta iniciativa, o goberno local quere facilitar o labor da compostaxe ás familias que carecen de recursos na súa parcela para realizar o aporte de materia seca que precisa o composteiro.
Actualmente o Concello ten en marcha unha nova campaña de reparto de composteiros individuais, cuxo prazo segue aberto. Serán un total de 150, que se sumarán aos 392 que se atopan xa a pleno rendemento nas distintas parroquias.