A Xunta habilita 28 espazos en toda Galicia para que a cidadanía poida realizar probas diagnósticas para detectar o coronavirus de xeito gratuíto. Hai catro puntos na área sanitaria da Coruña-Cee, sete na de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos; tres na de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras; tres na de Pontevedra, unha na de Ferrol, unha na de Vigo e seis na de Santiago e A Barbanza.