Hábitat aplica unha campaña de retirada de residuos este sábado en Baldaio

Campaña limpeza Baldaio 2019. Cedida.

O Grupo Naturalista Hábitat ten organizada para este sábado 1 de febreiro unha actividade de retirada de residuos na contorna da praia e a lagoa de Baldaio na que participará o voluntariado ambiental da Obra Social Abanca. O Concello de Carballo colabora na iniciativa, que conta coas autorizacións do Servizo de Conservación da Natureza da Xunta e da Demarcación de Costas do Estado. 

As persoas interesadas en colaborar deben inscribirse enviando un correo electrónico a rsc@abanca.com co nome completo, idade, DNI ou pasaporte e datos de contacto.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha