Hábitat coordina unha saída ornitolóxica a Baldaio

0 minutes read

A cita terá lugar este mércores 18 de agosto de 10:30 a 13:30 horas. Será un roteiro interpretativo dirixido á observación e identificación das especies presentes no espazo natural protexido de Baldaio. Recursos e boas prácticas para gozar das aves, con especial fincapé na posta en valor da píllara das dunas como ave emblemática desta contorna, clave na súa conservación. As prazas están limitadas a 20 persoas. Para máis información: 981 135 014 ou en inscricion@gnhabitat.org