Hai prensa escrita que segue publicando anuncios de prostitución pese ao estado de alarma

1 minutes read

Decretado o estado de alarma sanitaria, coa normativa de non saír de casa e non achegarse a persoas a menos de metro e medio, este mesmo domingo puidemos comprobar como a prensa escrita en xeral segue con anuncios de «relax, bonecas, mozas novas», en definitiva prostitución. Os habituais clientes da prostitución seguen demandando servizos pese ao confinamento e as recomendacións de manter a distancia entre persoas para conter o coronavirus. As mulleres que a exercen senten unha presión para atender a algúns deles pola súa falta de recursos económicos, segundo expoñen varias asociacións que traballan en Galicia. Os clubs están pechados, pero nalgúns dos pisos mantense a actividade e algúns homes reclaman que sexan elas as que se despracen á súa vivenda.