28
O alcalde da cidade, Abel Caballero, deu conta do avance das obras do HALO explicando que nestes momentos estase a executar a cimentación da torre principal de formigón que terá unha altura aproximada de 40 metros desde a rúa Serafín Avendaño. O proxecto prevé a instalación de iluminación nocturna con dous aeroxeneradores que proporcionarán ao conxunto da obra enerxía limpa todo o ano. Caballero rematou explicando que o ascensor “vai ser unha obra de arte”, na que iluminación nocturna tamén terá función estética, uniforme e controlable en canto a intensidade. O proxecto completarase con dúas cabinas de ascensores con capacidade para 17 persoas cun interior en consonancia co resto da obra.