Hamás libera a dous reféns máis, dúas mulleres, segundo o Comité Internacional da Cruz Vermella

O Comité Internacional da Cruz Vermella (CICR) declarou eeste luns pola noite que facilitara a liberación doutros dous reféns que estaban retidos en Gaza, ademais dos dous estadounidenses liberados o venres pasado.

«Facilitamos a liberación doutros 2 reféns transportándoos fose de Gaza esta tarde», dixo o CICR na rede social X, subliñando o seu «papel de intermediario neutral».

«Esperamos que pronto estean de volta cos seus seres queridos», engadiu a organización con sede en Xenebra, sen dar ningunha indicación sobre a súa identidade.

Israel incluíu na súa lista a máis de 220 reféns israelís, así como a reféns estranxeiros e reféns con dobre nacionalidade. Foron secuestrados e levados a Gaza polos islamitas de Hamás nun sanguento ataque sen precedentes o 7 de outubro, que desencadeou unha guerra, na que Israel bombardeou a Franxa de Gaza para «aniquilar» ao movemento islamita.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha