Hay pacto de progreso


49 días despois do anuncio de gobernar en coalición, o pacto contempla o estatuto das electrointensivas con compensacións ás empresas a cambio dunha maior eficiencia.

Sánchez e Iglesias acordan subir impostos ás rendas altas e derrogar a reforma laboral.

Un documento de 50 páxinas co que queren converter España nun referente de progreso en Europa e sentar as bases do primeiro Goberno de coalición da historia democrática española.

Pedro Sánchez recoñece que un goberno con Podemos é todo un reto, que define como complexo pero non imposible. E pediulles ao resto de forzas que se sumen, di, ao avance e deixen atrás o bloqueo.