Héctor Méndez e Alex López, completan o equipo técnico do Calvo Basket Xiria 2020/21

Renóvase ó Staff Técnico do Calvo Basket Xiria, coa continuidade do adestrador axudante, Héctor Méndez e o preparador físico Alex López Pardo.

  • HECTOR MENDEZ (Adestrador Superior de Baloncesto)

Procedente fai dúas tempadas do Básquet Coruña, para desempeñar os labores de adestrador axudante no Calvo Basket Xiria de Fernando Buendía en Liga EBA. Ademais Héctor vai a dirixir novamente ao conxunto infantil masculino e xa leva tres tempadas consecutivas coma técnico da selección galega cadete masculina.

  • ALEX LOPEZ (Grado de Ciencias da Actividade Física e do Deporte)

Cunha gran tradición na familia de Alex coma membros da Escola Basket Xiria (tanto o irmán, coma xogador, o pai coma Delegado de Equipo –xa fai uns aniños– e prima Andrea, tamén coma xogadora), encara a súa segunda tempada coma Preparador Físico do Club, levando as rendas do Calvo Basket Xiria e demais equipos de categorías inferiores.