Héctor Méndez volverá ser o adestrador do Calvo Basket Xiria na Terceira FEB para a tempada 2025/26

A Directiva a proposta da Dirección Deportiva do Club, volve ratificar e dar a súa máxima confianza ó adestrador Héctor Méndez, para dirixir de novo ao Calvo Basket Xiria nesta vindeira tempada 2024/25.
Tras cinco tempadas consecutivas sendo o adestrador principal, esta será a cuarta en Terceira FEB (antes Liga EBA), no que será a undécima tempada do equipo carballés en competicións FEB.
Con esta renovación o CALVO BASKET XIRIA da o pistoletazo de saída para configurar o equipo que na presente tempada 25/26 representará a Carballo na Terceira FEB. En próximos días o Club dará a coñecer algunhas das novidades en canto a fichaxes e renovacións do equipo.
Por compromiso, traballo e méritos propios, a renovación de Héctor Méndez tiña que levarse a cabo, por interese común de ámbalas partes, pero sobre todo para seguir a progresión de xogo e mellora do Calvo Basket Xiria. Tras una tempada 2024/25 complicada, na que non se comezou ben a competición e sufriuse apuros para manter a categoría, neste ano a aposta é de novo a permanencia, sabendo que esta 3ªFEB volverá a ser moi difícil. Dende o Club confiase en volver a conseguir o obxectivo, polo coñecemento, traballo e compromiso do adestrador coruñés, para que Carballo desfrute un ano máis dunha competición estatal.
Cunha contrastada experiencia en categorías de formación ao longo destes anos, Héctoe, é adestrador superior dente 2017, ademais do gran traballo destes anos con diferentes equipos de base, é notorio a súa vocación de formación, xa que foi dos adestradores habituais nas seleccións galegas e do organigrama da Federación Galega de Baloncesto nos anos 2009/10 e dende a tempada 2017/2022 coa Selección Cadete Masculino.
Traxectoria Deportiva:

  • Adestrador CALVO BASKET XIRIA (Autonómica + Liga EBA/3ªFEB).
    Escola Basket Xiria. Dende Tempada 2021/22 á actual – 5º ano.
  • Adestrador Axudante CALVO BASKET XIRIA (Liga EBA).
    Escola Basket Xiria. Dende Tempada 2019/20 e 20/21 – 2 anos.
  • Adestrador BASQUET CORUÑA.
    Club Basquet Coruña. Dende Tempada 2005/06 ata 2018/19 – 13 anos.

Related posts

Alcaraz conquista o seu segundo US Open ante Sinner e recupera o número un do mundo

A selección española de fútbol goleou a Turquía e encarrila a clasificación para o próximo Mundial

O Calvo Basket Xiria renova a Rubén Rey e Alex Iglesias