Emoción total a que se viviu no Vila de Noia durante o debut do Hierros Varela Urbieta Xiria, quen logrou un empate ante o Teucro nun encontro que puido caer para calquera dos dous lados nos últimos intres.
As do Xiria comezaron o encontro moi enchufadas e iso fíxose notar no xogo do equipo tanto a nivel ofensivo como defensivo, algo que lle permitiu correr ás rapazas de Manu López nas accións de ataque; mentres que en defensa mostraron unha gran solidez o que lle dificultou e moito as cousas ao cadro pontevedrés.
Con un tanto de vantaxe para o Xiria e tras o paso por vestiarios, o ritmo durante os primeiros dez minutos da reanudación foi frenético e ademáis a intensidade defensiva das carballesas foi baixando e iso fixo que o Teucro lle dese a volta ao luminoso. Pero as rotacións realizadas por Manu López fixeron efecto e o equipo repúxose para manter a igualdade no marcador 26-26.