Manuela Sánchez San Martín -7 de xuño de 1935-. Ela simboliza a historia viva do pobo de Buño. Natural do lugar artesán, esta muller de sabedoría infinita tivo o seu primeiro contacto coa alfarería sendo aínda cativa. Recorda con todo luxo de detalle como a idade de 4 anos lle prepararon un pisón adaptado a súa altura para axudar ós tres irmáns que se adicaban a este oficio. A ela sempre lle chamou a atención o torno e aproveitaba as ocasións que a roda estaba baleira para facer pequenas pezas de barro (lilos) sen case chegar cos pés ó campo da roda. Con 7 anos foi traballar á mina do Monte Neme, onde extraía o «mineral» que logo vendía. Con 10 anos pasou a traballar de xornaleira e a partir de aquí especializouse no mundo da olería. Lameaba, carrexaba olas para cargar o forno, axudaba a desenfornar. Máis adiante axudando nunha cocedura levada a cabo por Pedro do Conde no Forno dos Mouróns, fallou a muller dos fumes e animada por este oleiro foi ela quen fixo ese día o prendido do forno e os fumes. A partir de entón pasou a formar parte do colectivo «As mulleres dos fumes» xunto con Carmela da Ghrecha, Consuelo de Quiterio, Teresa do Marinero…etc. Hoxe é a única representante activa deste labor.
30