Histórico encontro entre Donald Trump e Kim Jon-un na zona fronteiriza desmilitarizada que separa a Corea do Norte de Corea do Sur. Cíta «sorpresa» xurdiu tras un tuit do presidente estadounidense no que, durante unha breve visita a Corea do Sur ao termo do cume do G20 en Xapón, afirmou que lle gustaría reunirse co líder norcoreano en Panmunjom, unha proposta que Kim Jon-un aceptou: «De novo vou á zona desmilitarizada… Entendo que queren reunirse e a min encantaríame saudalos. Vai ser moi curto, pero estamos nun territorio que está moi preto. Non temos que facer viaxes longos a outros países, así que é bo para os dous. Vexamos que pasa. Están a tratar de resolvelo. Non é tan fácil», advertía horas antes o mandatario.
Trátase da terceira reunión entre ambos os mandatarios, que antes se reuniron en Singapura e Hanoi, pero é a máis simbólica, xa que tivo lugar en Panmunjom, o símbolo da división entre as dúas coreas e ten como pano de fondo o estancamento nas negociacións sobre o desarmamento nuclear norcoreano.