O PSdeG-PSOE Provincial da Coruña presentou oficialmente ante a Xunta Electoral a súa lista para as vindeiras eleccións autonómicas na provincia. Estivo presente o secretario xeral provincial Bernardo Fernández Piñeiro, xunto aos e ás integrantes da candidatura.
Fernández Piñeiro destacou que a lista está composta por “compañeiros e compañeiras históricas desta formación e tamén por novas caras que entenden que o Partido Socialista é a única opción para garantir o futuro das galegas e dos galegos”.
O secretario xeral provincial aposta por “poñer en valor o que está facer Pedro Sánchez por Galicia dende o Goberno de España”.
“Eses intereses deféndense, por exemplo, votando a favor do incremento das pensións, que vai favorecer a máis de 800.000 pensionistas en Galicia, un cuarto da poboación”, reclamou Fernández Piñeiro. “Unha medida que desgraciadamente non contou co apoio do Partido Popular”, lamentou.
“Deféndense tamén”, continua o socialista, “coa aprobación dos descontos e bonificacións da AP-9”. Destacou que “dende o PSdeG xa se está a traballar, con José Ramón Gómez Besteiro, que é presidente da Comisión de Transportes no Congreso, para lograr o obxectivo histórico da gratuidade total e absoluta desta autopista”.
Lista:
1.- Patricia Iglesias
2.- Julio Abalde
3.- Silvia Longueira
4.- Aitor Bouza
5.- Monserrat García
6.- Fabián Canosa
7.- Luisa Outeiral
8.- Manuel Santiago
9.- Isabel Gómez
10.- Enrique Astray