- A posta en marcha da receita electrónica privada conta co apoio dos Consellos Xerais de Médicos, Dentistas, Podólogos e Farmacéuticos
Os pacientes de HM Hospitais xa poden dispoñer dun novo servizo de receita electrónica privada cuxos principais beneficios residen na redución do número de consultas e desprazamentos innecesarios e facilitar o seu acceso á medicación.
Esta iniciativa nace da necesidade de dispoñer dunha receita electrónica no ámbito da sanidade privada motivada ante a emerxencia sanitaria provocada pola COVID-19. Esta iniciativa non se circunscribe unicamente a HM Hospitais, senón que tamén están aliñadas outras institucións de sanidade privada e conta co apoio dos Consellos Xerais de Médicos, Dentistas, Podólogos e Farmacéuticos.
“O uso da receita electrónica privada de HM Hospitais, a través de DNI electrónico, garante un acceso máis seguro, controlado e eficiente aos medicamentos para os pacientes. Ademais, a interoperabilidade garante que no momento actual, os pacientes poden retirar a súa medicación desde o punto máis próximo ao seu domicilio”, sinala Alberto Estirado, director de Sistemas de Información e Transformación Dixital de HM Hospitais.
Esta ferramenta evita que os pacientes crónicos ou con longos tratamentos teñan que acudir recurrentemente á consulta o que evita ausencias laborais, trámites burocráticos e administrativos e a obtención de xustificantes.
A receita electrónica privada tamén incorpora un sistema de alertas para evitar erros e duplicidades e é totalmente segura respecto ao cumprimento de confidencialidade dos datos dos paciente.