HM remodela o Hospital Belén da Coruña

  • As obras, que estarán listas en outubro, supoñen a renovación completa dos seus catro quirófanos, a ampliación de HM Fertility Center e a apertura dunha Unidade de Traballo de Parto e Recuperación

HM Hospitais comezou as obras de renovación na Maternidade HM Belén da Coruña, nas que investirá máis de 1,1 millón de euros e grazas ás cales poderá estrear en outubro novos quirófanos, a Unidade de Traballo de Parto e Recuperación (UTPR), pioneira en Galicia, e as súas renovadas instalacións de HM Fertility Center.

No relativo ao área cirúrxica, a remodelación servirá para renovar completamente os catro quirófanos do centro. O traballo está a realizarse por fases para non interromper a actividade e permitirá contar en outubro cunha área totalmente renovada que facilitará o traballo diario dos profesionais, pero tamén a comodidade dos pacientes, á vez que permitirá incorporar novas tecnoloxías, adaptando o centro ás necesidades actuais.

Con esta actuación a Maternidade HM Belén reforzará a súa posición de liderado, que sempre se baseou en ofrecer a mellor atención e a máxima seguridade, grazas á súa completa dotación tecnolóxica e a un equipo multidisciplinar de especialistas con ampla experiencia, que garanten os máis altos estándares de calidade. A Dra. Sonia Pedredo, adxunta á Dirección Médica da Maternidade HM Belén, destaca a ampliación do laboratorio de Fecundación in vitro do HM Fertility Center “moi necesaria ante o crecemento desta unidade nos últimos anos, así como a completa renovación da área cirúrxica, que servirá para mellorar a atención aos nosos pacientes e ofrecer as mellores condicións para que o noso persoal médico e resto de profesionais poden desenvolver o seu traballo en condicións óptimas”.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha