Homenaxe a Camilo José Cela no 21º aniversario do seu pasamento


O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou en Padrón nos actos do 21 aniversario do falecemento de Camilo José Cela. Os actos para divulgar a súa figura e legado comezaron cunha ofrenda floral no cemiterio de Santa María de Adina, en Padrón. Tras isto, o representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades trasladouse ao Museo da Fundación Camilo José Cela para a lectura de La familia de Pascual Duarte a cargo dos alumnos do instituto IES Macías o Namorado de Padrón e do Colexio Internacional SEK-Atlántico de Poio. Coincidindo con esta efeméride, a Fundación recibiu a doazón dunha ilustración de Xosé Teiga Estudio por parte de Pepe Formoso.