Familiares do primeiro medallista olímpico coruñés, Ramón González, recibiron no salón de plenos do Concello da Coruña un distintivo por parte da alcaldesa, Inés Rey, ao cumprirse cen anos daqueles xogos que se celebraron en Amberes en 1920, onde o dianteiro e mais a selección española se proclamaron subcampións. Os seus netos Ramón e Alejandro trouxeron ao Concello a medalla de prata, unhas fotografías do xogador e o maletín co que viaxaban todos os membros do equipo, que aínda tiña as pegatinas dos hoteis nos que se aloxaron. A rexedora recordou no acto de homenaxe en que tamén estivo presente a concelleira de Deportes, Mónica Martínez, que naqueles tempos, os futbolistas viaxaban en terceira clase e non recibían atención especiais «como o noso Ramón, que se trasladou a Bélxica con febre, non fora ser que no traxecto se curase e puidese situarse na liña de gol».
44