Homenaxe de xubilación a Ricardo e Alejo, no IES de Baio

1 minutes read

O IES Maximino Romero de Lema de Baio pechou este curso académico coa xubilación de Alejo e Ricardo, dous compañeiros e amigos que tras moitos anos adicados ao ensino, comezan unha nova etapa na súa vida para gozar dunha máis que merecida xubilación.

Dende o centro afirman que que se trata de dúas persoas que representan mellor ca ninguén a profesión. Dedicación, constancia, compromiso, esforzo… son algúns dos adxectivos que mellor os definen como profesionais e como persoas.

“Botarémosvos moitos de menos e sempre estaremos aquí para o que necesitedes”, afirmaron os seus compañeiros e compañeiras.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?