Vehículos da Policía Local, Autonómica e Nacional, da Garda Civil, dos Bombeiros e Protección Civil achegáronse ao CHUAC para darlles un forte aplauso a todos os profesionais que axudan con recursos médicos e asistenciais a frear o avance do virus e a atender aos infectados. A iniciativa xurdiu de todos os corpos de seguridade que operan na cidade como unha forma de agradecerlles ás persoas que están expostas ao virus o seu labor e humanidade e tamén para darlles moita forza nestes días tan críticos.
Homenaxe dos corpos de seguridade aos sanitarios do CHUAC.