María de los Milagros García Bermúdez, recentemente xubilada logo de exercer como auxiliar administrativa no Concello de Cabana desde xaneiro do ano 1972, foi despedida recentemente polos seus compañeiros e compañeiras de traballo nunha comida coa que se recoñeceu o seu extenso traballo. No acto, que non puido celebrarse con anterioridade por mor da pandemia, puxéronse en valor os case cincuenta anos de dedicación e destacouse a súa vocación «sempre en favor de Cabana e a súa veciñanza».