Homenaxe en Padón a Camilo José Cela no 22º aniversario do seu pasamento

1 minutes read

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou en Padrón na homenaxe impulsada pola Xunta de Galicia polo 22º aniversario do falecemento de Camilo José Cela. Estes actos para divulgar a súa figura e legado comezaron cunha ofrenda floral no cemiterio de Santa María de Adina por parte das autoridades e os escolares da Colexiata de Santa María de Adina.

Tras isto, o representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades trasladouse ao Museo da Fundación Camilo José Cela, onde se representou a obra de teatro O inventor de palabras a cargo de Suso Martínez e Iñaqui Rosado, que conta a historia do encontro entre dúas das personaxes icónicas de Cela no que lembran territorios literarios.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?