O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, presidiu este venres a reunión da Comisión técnica permanente de Protección Civil. Neste encontro, por unha parte, homologouse o Plan de actuación municipal (PAM) fronte ao risco de inundacións no concello de Ponteceso, entre outros.
O obxecto deste plan é preparar unha resposta municipal de xeito que os respectivos concellos teñan un dispositivo permanente en función dos riscos detectados, unha estrutura de mando e uns procedementos de actuación e catalogación dos medios cos que conta o concello. Así, a finalidade é que con esta planificación as actuacións que se leven a cabo en caso de emerxencia non sexan froito da improvisación, e que a solución que se dea sexa a máis adecuada á incidencia acontecida.
A Comisión técnica permanente de Protección Civil é un órgano de estudio e proposta dos temas que vaian aprobarse no pleno da Comisión Galega de Protección Civil, así como, a adopción de acordos en aquelas materias delegadas pola Comisión Galega de Protección Civil, entre outras, a homologación dos plans municipais.