Honey de Baiona gaña o primeiro premio Xuventude Crea 2021 na categoría de graffiti

O artista Honey, de Baiona, coa súa creación titulada Bo Camiño, gaña o primeiro Xuventude Crea 2021 na gategoría de graffiti. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, acudiu á fase final deste certame, que tivo lugar no corredor central do Parque da Alameda de Santiago de Compostela.

A esta fase final da modalidade de graffiti chegaron seis creadores que realizaron en directo as súas propostas. Aos galardoados, ademais do gañador, acompañárono Ares, de Tui, coa súa obra titulada As dúas en punto, en segundo lugar; o terceiro posto logrouno Seek, tamén de Baiona, coa súa peza Galaxia animal; e houbo unha mención de honra para a artista Maldita, natural de Ribadavia, pola súa obra 37 min.

Cada un destes premios ten unha gratificación económica: o primeiro, de 3.000 euros; o segundo, de 1.500; e o terceiro, de 1.000 euros.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha