Horario ilimitado de apertura para os supermercados

1 minutes read

O presidente da Xunta deu conta da creación da comisión que fará fronte ás accións que se poñen en marcha coa declaración do estado de alarma debido á pandemia do coronavirus. Feijóo anuncia horario ilimitado de apertura para os supermercados durante a crise do coronavirus. Inicialmente, para 14 días, como as demais medidas. O DOG publicou esta noite modificacións das medidas anunciadas o venres polo Goberno galego, avanzadas por Feijóo aos medios.

Feijóo agradécelles aos galegos os seus esforzos na loita contra o virus.

A Xunta garantirá a apertura de cociñas económicas e albergues sociais. A comunidade galega rexistra dous mortos, son unha muller de 92 anos da área de Vigo e un hombre de 81 que faleceu en Pontevedra. 153 infectados por coronavirus, dos que 115 permanecen illados nos seus domicilios, 31 están hospitalizados en áreas convencionais e sete están na UCI.