Hoxe chega a Zas o documental “Dorothé na vila”


 Trátase dun espazo incluído no ampliado “Verán Cultural” proxectado este mes de setembro polo Concello de Zas. “Dorothé na vila” é o nome do documental que se proxecta ás 21:30 horas, nas Torres do Allo. Neste traballo Alejandro Gándara e Olaia Tubío recollen as historias de vida que hai detrás do cancioneiro popular galego que recolleron Dorothé Schubarth e Antón Santamarina.