Hoxe tería que haber un novo presidente en Galicia e hai unha precampaña soterrada

1 minutes read

O pasado 4 de marzo, día en que se confirmou o primeiro caso de coronavirus en Galicia, todas as forzas políticas mantiñan con normalidade unha axenda de precampaña que desembocaría neste domingo 5 de abril, nunha mobilización de centos de miles de persoas ante as urnas, impensable en pleno confinamento. O adiamento das eleccións deixou sen efecto a convocatoria electoral pero non a disolución do Parlamento, de aí a inédita situación institucional que vive o país. Na actual oposición existe o convencemento de que a maquinaria preelectoral do PP non está pechada por pandemia, mentres os populares ven a esquerda nunha «deriva irresponsable». O 5A xa non existe e ninguén pode afirmar cando se volverán a convocar as eleccións, en que clima social e político e con que expectativas. Pero poucos negan a existencia dunha precampaña soterrada.