Hugo Díaz incorpórase ás filas do Bergantiños FC


O xogador de 24 anos, natural da Coruña, militaba ata o de agora nas filas do Salamanca UDS (2ªRFEF). Trátase dun medio centro defensivo, que tamén se adapta á posición de central, formouse nas categorías inferiores do Real Club Deportivo de La Coruña e estivo no R.C. Deportivo B ata a tempada 2016-17. Nas T.17/18 e 18/19 formou parte do Leeds sub-23 (Inglaterra). Na primeira chega a debutar co primeiro equipo e na segunda etapa adestrou amais baixo as ordes de Marcelo Bielsa. Antes de recalar no Salamanca pasou polo Getafe C.F. B e na campaña 20/21 polo Korona Kielce, 2ª división de Polonia.