Iago Beceiro Pereiro (A Coruña, 15 de marzo de 1993) é un futbolista que xoga na posición de dianteiro. Debutou co primeiro equipo do Deportivo da Coruña en xaneiro de 2011 nun partido de Copa do Rey contra a U.D. Almería. O 6 de novembro de 2012 anunciouse que rescindía o seu contrato co Deportivo da Coruña e asinaba polo FC Karpaty Lviv de Ucraína. En abril de 2013 asinou polo Verín CF, da Preferente Autonómica de Galicia, ata final de tempada e continuou no equipo ata o 21 de xaneiro de 2016, día no que foi fichado pola S.D. Ponferradina da Segunda División que á súa vez o cedeu inmediatamente ao Atlético Astorga F.C. da Segunda División B co obxectivo de que os maragatos lograsen salvar a categoría a final de tempada. Agora chega ao conxunto carballés neste mercado de inverno, coa intención de facer un gran traballo na dianteira do equipo.
25