Iago Bello Subcampión Galego Sub 16 de Trail Running Preclassic

1 minutes read

Excelente xornada a do atleta sub 16 da A.D. Fogar, Iago Bello Rodríguez (2012), no Campionato Xunta de Galicia de Trail Running Preclassic sub 20, sub 18 e sub 16 que na mañá do domingo acolleu o Concello de Ames. A proba arrincou ao redor das 10:30 horas sobre unha distancia total de 8 quilómetros e un desnivel aproximado de 400 metros. Na categoría sub 16 masculina o máis rápido sobre o curcuito de Ames foi Pablo Barreiro do C.D. Pinarium, logo de parar o crono nun tempo de 40’17» polos 42’14» que empregou en completar o percorrido o subcampión da categoría, Iago Bello da A.D. Fogar.