Iago seguirá un ano máis defendendo a portería do Calvo Xiria. O gardameta exercerá o seu papel de veterano e referente para o plantel unha tempada máis.
Sobre a súa renovación Iago cóntanos: «Despois de pensalo moito, ó final decidín renovar unha tempada máis porque este ano hai un proxecto no que estou convencido que vamos a ascender. Xogadores e afección merecémonos deixar de ser un equipo que xoga fases e dar un paso máis, este é o ano!»
Iago Gómez renova polo Calvo Xiria BM
Foto.- Cedida.