40
O Bergantiños FC comunica que os xogadores Iago López e Dani García firman por unha tempada no club. O central Iago López (Monforte de Lemos, 1992) logo de xogar nas filas do conxunto carballés 4 temporadas (en dúas etapas) e de conseguir o ascenso, militou no CD Barco (21-23) e na metade da campaña pasada tamén no Club Lemos. Pola súa banda, Dani García regresa á casa logo de xogar a temporada pasada na SD Sofán. O lateral esquerdo (Carballo, 2003) formouse e medrou desde ben pequeno na base do Bergantiños, pasando por todas as categorías das Escolas Luis Calvo.