Iago Toba denuncia que xa non se pagan mil euros por cada neno ou nena que nace en Muxía

Os socialistas denuncian que dende o 2024, cando Javier Sar se fixo co goberno mediante unha moción de censura deixou de conceder as axudas a nacementos consistentes nun pago único de 1.000€.

‘Tras un ano e medio de ocultación dos procesos de concesión das axudas, nada se sabe dos pagos que se deben a todas as familias solicitantes do ano 2025 e 2026, que non recibiron ningunha notificación de información’, afirma Toba.

“O que se pretende dende este goberno é acabar coas políticas de axudas as familias con diferentes accións como os cobros de campamentos, eliminación de actividades, os recortes en servizos, retrasos nas axudas sociais, aparición de listaxes de espera en servizos sociais” lamenta o portavoz Iago Toba, que denuncia que “o que si aumentan son os gastos en festins, lupandas e bailes”.

«Actualmente, o departamento de asuntos sociais, en mans da desaparecida membro do goberno Sofía Lopez (Partido Popular) informan que non están dispoñibles as solicitudes impresas para solicitar dita axuda, sen que ninguén do departamento sepa decir en que situación están hoxe en día estas convocatorias», conclúen desde o PSOE local.

Os socialistas iniciarán accións para revertir esta situación e para obligar ao goberno de Javier Sar a activar o pago de esta histórica axuda, e que así, as familias poidan recibir o que lles pertence no menor tempo posible. Ademáis, os socialistas anuncian que asesorarán a todas as familias afectadas que o soliciten mediante comunicación a calquera membro do grupo municipal socialista: Olalla Benchoch, Javier Romar, Felipe Vilela, Patricia Dominguez ou o propio Iago Toba.

Related posts

O PSdeG acusa ao PP e ao goberno galego de “poñerlle alfombra vermella” á planta de biogás de Soandres

O proxecto Pesca Saúde instalará puntos de información móbiles en Carballo, Malpica e A Laracha

Trinta denunciados e un investigado por unha concentración de vehículos na Laracha