O portavoz socialista e exalcalde de Muxía Iago Toba Campaña, vén de presentar, a través do seu abogado, o ceense Felipe Mayán, un escrito no Xulgado de Corcubión pedindo o arquivo da causa que a fiscalía abriu «por unha denuncia do Partido Popular de Sandra Vilela no ano 2022» e no seu caso unha ampliación de denuncia aos actuais membros do goberno saído da moción de censura do 7 de outubro do 2024.
O escrito de ampliación de denuncia ou arquivo da causa explícase mediante unha serie de feitos argumentados, nos que segundo o abogado Mayán, o actual goberno de Muxía está procedendo no seu día a día do mesmo xeito que o facía o seu representado Iago Toba cando era alcalde polo que “a idénticas condutas, idénticas consecuencias e interpretacións xurídicas dos feitos”.
Estos feitos son por exemplo, os levantamentos de reparo de intervención e secretaría por pagos de servizos sen licitar ou a realización de gastos sen o correspondente trámite.
O escrito presentado e argumentado con múltiples probas e no que se inclúen actas dos plenos no que a propia portavoz popular Sandra Vilela, como o alcalde Javier Sar, din proceder do mesmo xeito que o facía o anterior alcalde, sirve para xustificar a ampliación de denuncia contra o actual goberno.
“Algunhas veces, os feitos poden vir en contra de quen os fai, e cabe a paradóxica posibilidade de que a portavoz do PP, Sandra Vilela acabe denunciada pola sua propia denuncia, e arrastre con ela a todo o actual goberno” advirte Iago Toba, que enfatiza en que “ter a conciencia tranquila e o apoio social, do equipo, do partido e da familia fai que esta situación me fortaleza máis a nivel persoal e na defensa dos meus principios éticos”.
O que xa conseguiu o abogado de Iago Toba, interpretado como primeiro triunfo, «foi a expulsión do proceso de Sandra Vilela como acusación particular, que foi ratificada polo xulgado recentemente dando a posibilidade de que se presentara como acusación popular, posibilidade que a portavoz do PP rexeitou porque eso implicaría unha serie de gastos económicos como fianza, abogados e procuradores, gastos que Sandra Vilela non quixo asumir». Segundo Iago Toba “suponlle un gasto económico para unha denuncia que é puramente política, co obxectivo de gañar nos xulgados o que non gaña nas urnas”.
Así pois, a situación actual, é que o xuíz instructor ten que decidir se amplia a denuncia aos actuales membros do goberno muxiá ou pola contra arquiva a causa contra Iago Toba.
12